Programa de TVE, "Día a día". Ano 1991.

585 views · Published 9 September 2018 · 27:47 · Indexed 19 October 2026

Channel: José Anido Castiñeira (Josac) · 2018 · Entertainment

Watch on YouTube

Programa da TVE rexional galega. 

Neste espazo emitido no ano 1991 dende o parque máis clásico de Burela, fálase da bisbarra da Mariña con entrevistas feitas ao que era daquela alcalde de Cervo, Roberto Álvarez, ademáis de a Sergio López Maseda (fundador de Foto Sergio, se non lembro mal), José Luis Moñita Benito (daquela director da fábrica Alúmina-Aluminio) e Santiago Sineiro (que naquel momento era o xerente da empresa ceramista de Sargadelos).

O vídeo amosa imaxes das vilas de Burela, Cervo, Sargadelos, San Cibrao, Viveiro, Ribadeo, ...

Tamén hai imaxes da planta de Alúmina Aluminio e da fábrica de Sargadelos e cara ao final hai imaxes moi fermosas do porto e da vila de Burela (aéreas algunhas delas).

Non deixa de constituir unha fermosa achega a aqueles anos para todos os que medramos alí.

More from this channel